Subvencións da Deputación para varios clubs da comarca do Salnés

    subvencions100_071207_001.jpgPONTEVEDRA > A Deputación provincial apoia cen por cen o deporte. Hoxe fixo entrega de subvencións aprobadas…

    …aos equipos deportivos de categoría nacional. O acto de entrega tivo lugar no Centro Comarcal de Cambados, onde asistiron os presidentes dos clubs a recoller os seus cheques de mans do presidente da Deputación, Rafael Louzán.

    Fai anos que diversos clubs da comarca do Salnés, veñen reclamando algún tipo de axudas para desenvolver as súas actividades con maior folgura.

    A Deputación de Pontevedra fixo un esforzo inversor, para mellorar sobre todo, as infraestruturas dalgúns deses clubs e non limitarse só a apoiar o deporte base.

    Concretamente decidiu investir cen mil euros repartidos en diversos equipos deportivos, segundo as súas necesidades.

    O Céltiga recibiu a súa axuda onte, e quedan pendentes o Portonovo e os clubs de O Grove, que as recibirán nos próximos días.

    Segundo presidente da Deputación, é importante que o resto de institucións, colaboren tamén, para proseguir mellorando as infraestruturas deportivas, pois xa somos a primeira comunidade española en contar con superficies de última xeración, como os campos de fútbol de herba artificial.

    Redacción Salnés