CAMBADOS> Todo listo en Cambados para mergullarse no Nadal. O concello ten preparada unha programación ampla e variada, con actividades diarias dende o 5 de decembro ata o día de Reis. Destacan tres datas: o prendido do alumeado o día 5 de decembro, o Mercado de Nadal do 8 ao 10 e a inauguración da Aldea de Nadal, que este ano será o día 15.
Dende o 5 de decembro Cambados mergúllase no Nadal. O concello ten preparada unha programación extensa e variada, na que conta con diferentes colectivos da vila, dende Zona Centro ata entidades culturais e deportivas.No Parque de Torrado a acción comezará o 6 de decembro. Haberá actuacións infantís, obradoiros e concertos, e do 15 ao 17 acollerá a décima xornada de Viños Escumosos Rías Baixas. Tamén será o escenario do Mercado de Nadal,do 8 ao 10 de decembro.
Na Praza de Fefiñáns o día 15 inaugurarase a Aldea de Nadal. O concello garda en segredo cal será a temática deste ano. No 2022 estivo centrada no marisqueo.
O que non falta no Nadal de Cambados é a súa vertente solidaria. O concello repite diferentes iniciativas para apoiar aos veciños máis vulnerables.
Outra das novidades este 2023 e o maior peso que ten na programación o Salón José Peña, que permite celebrar diferentes actividades sen preocuparse polo tempo.











