O Museo do Viño suma tres tratados históricos sobre a vide ó seu fondo

    museovino copia100.jpgCAMBADOS> O museo tamén presentou o curso de verán ¿A qué suenan los vinos?, a súa novena colaboración coa UNED.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_UNED_MUSEO_VINO.flv{/flowplayer}

    Dous tratados de época romana dos séculos I e IV e un do período visigótico que recollen as bases e as leis do mundo vitivinícola do seu momento, son as novas incorporacións que o Museo do Viño garda nas súas instalacións dende esta semana. Unhas pezas que permitirán a investigadores e curiosos, trazar unha liña de evolución do mundo da agricultura e, concretamente, da vide.

    A estas pezas sumaránselle outras ó longo do ano para celebrar a década de existencia do Museo do Viño. Un ano especial, no que se manterán os cursos en colaboración coa UNED. ¿A qué suenan los vinos? É o título do deste ano, que realizará un percorrido polo mundo do viño acompañado por música de todos os xéneros e épocas.

    O curso tamén contará cunha parte máis teórica, que incluirá diferentes ponencias e reflexións teóricas sobre a historia do viño e da música. A actividade, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xullo, é a novena colaboración entre UNED e Museo do Viño, entidades que, segundo o alcalde Luis Aragunde, non descartan ampliar a dous, un en inverno e outro no verán, os cursos anuais.

    Redacción Salnés