O BNG aposta por incrementar os orzamentos e mellorar o litoral arousán

    orzamentos_bng100_021007_.jpgVILAGARCIA > A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Dávila deu conta en Vilagarcía da proposta orzamentaria do Executivo.

    1.900 millóns de euros que asegura a deputada se conseguiron grazas as negociacións do BNG en Madrid. Os nacionalistas tamén pediron ó goberno central unha partida para a construcción do paseo marítimo entre Vilagarcía e Vilaxoán.

    A pesar desta satisfacción a deputada asegurou que agora hai que concretar os proxectos previstos sobre todo no referente a materias de infraestructuras e Medio Ambiente. A nacionalista recalcou a necesidade de que o paseo marítimo entre Vilagarcía e Vilaxoán sexa unha realidade tal e como se decidiu no Congreso. A recuperación do litoral e o saneamento da ría son os principais obxectivos do partido nacionalista nesta partida orzamentaria que recolle actuacións na costa galega por valor de 39 millóns de euros. En definitiva, moderada satisfacción nas filas nacionalistas co acadado ata o momento en materia orzamentaria.

    Redacción Salnés