A alcaldesa de Ribadumia intenta rematar o proceso de reparcelación

    salome_pea_100.jpgRIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, ven de solicitar unha entrevista co delegado provincial do Medio Rural,…

    …Gonzalo Constenla, na que abordará varios asuntos que son prioritarios para este concello.

    Un destes temas será a concentración parcelaria de Lois e nos montes de Ribadumia; que segundo a rexedora se atopan moi atrasadas, un ano e medio despois das promesas de remate do citado delegado. A alcaldesa pretende asistir a esta reunión de contado co delegado de obras e da parroquia de Lois,Jorge Abal, co obxectivo de acadar un compromiso firme de que se vai a rematar esta concentración nestes únicos puntos nos que queda pendente.

    Desde o Concello tamén lle queren transmitir numerosas queixas relativas á numerosas gabias que se atopan atascadas con xabre e áridos e de varias entradas de finca que se atopan inaccesibles, co conseguinte prexuízo para os seus propietarios, que non son quen de traballalos. Ademais, varias pistas forestais e municipais que se acometeron recentemente, xa se atopan a día de hoxe cheas de fochancas.

    Salomé Peñá tamén ten previsto solicitarlle permiso para canalizar os servizos de sumidoiros e de abastecemento de auga na mesma parroquia de Lois, posto que é un obxectivo prioritario do seu goberno.

    Redacción Salnés.