![]()
VILAGARCÍA > O día internacional dos dereitos humanos deixouse sentir hoxe na comarca con diversos actos conmemorativos, …
…que terán continuidade nos vindeiros días.
Esta prolongación rematará en concellos como o de Vilagarcía, ata o vindeiro día internacional da Paz, a finais de Xaneiro. Concellos como a Illa de Arousa, Cambados e Vilagarcía organizan unha serie de actividades, en colaboración co seminario galego de educación para a Paz; para afondar na concienciación de toda a cidadanía, e máis especialmente, entre os estudiantes do bacharelato.
Estes actos comezaron esta tarde no auditorio vilagarcián ca proxección dunha curtametraxe sobre a vida baixo ás bombas que dou pé a un pequeno coloquio. Ó mesmo tempo tamén se inaugurou unha exposición, formada por paneis explicativos nos que se recollen os efectos devastadores destes aparellos destructivos. Nos vindeiros días esta mesma curtametraxe proxectarase o día 12 no Instituto Bouza Brei, o día 19 no instituto de Carril e o día 18 ás oito da tarde, na mesma parroquia de Carril, pero xa destinado a tódolos públicos.
Pola súa banda, no concello da Illa de Arousa os estudiantes de secundaria comezaron hoxe a analizar documentos relacionados ca paz e cos dereitos humanos que terán continuidade en próximas semanas. Nos vindeiros días terán a oportunidade de traballar en base o filme “ La tumba de las luciérnagas”, baseado na segunda guerra mundial.
Redacción Salnés.







