Areeiro recomenda a Cambados talar algunhas árbores de Torrado

CAMBADOS> Os profesionais da estación Fitopatolóxica do Areeiro recomendan ao concello de Cambados que tale algunhas árbores do Pazo de Torrado. Os especialistas sinalan que hai moitas en pouco espazo.

A estación Fitopatolóxica do Areeiro remitiu o informe solicitado polo concello de Cambados referente ao estado no que se atopan algunhas árbores de zonas emblemáticas do municipio como son o Paseo de A Calzada e o Pazo de Torrado.

O documento reflicte a necesidade de estudar cada caso individualmente cando o tempo o permita, aínda que recoñece a necesidade de talar algúns exemplares en zonas como o Pazo de Torrado, xa que segundo admiten hai moitos plantados en pouco espazo.

Os técnicos non apreciaron un só problema, senón que sinalan que existen ramas secas que necesitan ser cortadas, entre outros.

Dende o concello sinalan que avaliaran as árbores en canto o tempo o permita. De este xeito, Cambados poderá saber si hai exemplares que se atopan en malas condicións que supoñan algún problema.