Unha muller é arrolada en Caldas por un vehículo que se da á fuga

    ATROPELO_CALDAS_100.jpg CALDAS> Outro condutor atopouna tendida na calzada semiinconsciente. Nestes intres, atópase ingresada con feridas leves.

    {flowplayer}images/salnes/ATROPELO_CALDAS.flv{/flowplayer}
     
    Todo aconteceu onte ó redor das catro da tarde. A muller dispoñíase a acudir ó seu posto de traballo a pé, coma tódolos días, a poucos metros de onde aconteceu o sinistro. Ó parecer un vehículo en dirección Caldas- Moraña ó seu paso polo lugar de Paradivas arrolou á muller deixándoa ferida sen socorrela. Outro conductor ó ver que había unha muller tendida no arcén baixou a axudala e deu a voz de alarma o servicio de emerxencias 112.
     
    Ó lugar tamén acudiron membros da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Caldas e voluntario de Protección Civil. Ata o momento, do vehículo que se deu á fuga non se teñen noticias.
     
    Un voluntario de Protección Civil, Jose Antonio Búa, confesou que é habitual que se produzan este de incidentes na zona debido ó mal estado no que se atopa a estrada.
     
    A muller, de trinta e catro anos e veciña de Paradivas, foi trasladada en ambulancia ata un centro hospitalario de Pontevedra. Segundo informaron os veciños da moza a esta canle a muller segue ingresada pero atópase estable. Non presenta ningunha fractura, só magulladuras por todo o corpo e unha forte dor no pescozo.
     
    Nestes momentos, a Garda Civil investiga o caso para dar co propietario do vehículo.
     
     
    Redacción Salnés