O PP xunta a máis de 500 persoas na súa cea de Nadal

    ceappvilanova100_101207.jpgVILANOVA > Máis de medio milleiro de persoas participaron esta fin de semana na cea de Nadal organizada polo PP de Vilanova…

    … Gonzalo Durán e o seu equipo estiveron arroupados ademais polo presidente provincial Rafael Louzán e pola deputada no Congreso Dolores Pan, que, coa mente xa nas eleccións xerais, lanzaron unha proclama a favor de Mariano Rajoy.

    O PP de Vilanova reuniu na súa cea anual de confraternidade a máis de cincocentas persoas, entre simpatizantes e militantes do partido. A cita celebrouse este venres pola noite na nave municipal de Tremoedo. Os membros do equipo de goberno local, encabezados polo alcalde Gonzalo Durán, contaron nesta ocasión co respaldo da deputada no Congreso Dolores Pan, quen aproveitou para pedir ós vilanoveses apoio para Mariano Rajoy nas vindeiras eleccións xerais.

    Tamén estiveron representantes do PP de toda a comarca do Salnés, ademais do presidente provincial do partido Rafael Louzán. O tamén presidente da Deputación de Pontevedra agradeceu o amplo respaldo que teñen os populares en Vilanova e bromeando lembrou que o BNG xuntou o mesmo número de xente, pero nunha cea para toda a comarca. O bo humor non faltou en toda a velada, que rematou con música, a cargo da orquestra D’Tacón e con queimada.

    Redacción Salnés