Aduanas poderá empregar medios de Salvamento para a vixilancia antidroga

    mediosnarcotrafico copia100.jpgSALNÉS> A Fundación Galega contra o Narcotráfico piden máis colaboracións deste tipo entre as Administracións.

    {flowplayer}images/salnes/VIXILANCIA_ANTIDROGA.flv{/flowplayer}

    Esta decisión ven compensar e certa medida o traslado de medios empregados nesta loita dende Galicia a outras zonas de España, que fora denunciada a principios deste mes pola CIG. Grazas a este acordo, Salvamento e Vixilancia Aduaneira compartirán os medios aéreos e marítimos que ambos teñen dispostos ó longo do litoral. Algo que permitirá o emprego de valiosos sistemas de control, identificación de buques e seguimento marítimo da Mariña Mercante contra o narcotráfico.

    Deste xeito, cúmprese a vella reclamación de cooperación da Fundación e dos funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira. Unha colaboración que segundo Fernando Alonso, podería estenderse a outras Administracións.

    Esta petición de colaboración foi unha das inquedanzas trasladadas pola Fundación ó Fiscal Antidroga na reunión que mantiveron a comezos desta semana en Pontevedra. Unha preocupación á que se sumaron outras vencelladas cos posibles efectos da reforma do Código Penal nesta loita.

    Redacción Salnés