![]()
PONTEVEDRA> Tódolos sindicatos dos funcionarios están unidos en contra da privatización dos rexistros civís que se albisca no proxecto…
{flowplayer}images/salnes/protesta_rexistro_civil.flv{/flowplayer}
… lei que ven de presentar o Ministerio de Xustiza do Goberno Central e que suporá a transferencia de gran parte das súas competencias actuais ós rexistradores da propiedade, traballadores de caracter privado que cobrarán por todos cada un destes servicios fundamentais agás polos rexistros de nacementos e decesos que quedan exentos de taxas. Os funcionarios do rexistro civil da Parda en Pontevedra foron dos primeiros en manifestarse publicamente contra este anteproxecto dunha Lei que se agarda que entre en vigor no 2014.
No eido persoal teñen medo a verse obrigados ó traslado forzoso, e no social saben que este ven a ser un novo varapau para a sociedade que deberá asumir novos custes a maiores por servicios necesarios. O que máis lles sorprende a estes traballadores é que sexa un Goberno liderado por un colega, Mariano Rajoy, o que acomete esta reforma que só vai a enriquecer desproporcionadamente ó colectivo dos rexistradores da propiedade, sabedor como é dos pormenores desta profesión.
Estes funcionarios poñen como exemplo o caso do país veciño de Francia onde a primeiros de ano se ven de cambiar o sistema arancelario polo de taxas; algo máis acorde ás vicisitudes actuais.
Esta lei suporá un novo afastamento da administración dos cidadáns posto que levará ó peche dos rexistros comarcais ata quedar un único na capital de provincia, en Pontevedra, e outro a maiores, probablemente en Vigo.
Redacción Salnés








