![]()
VILAGARCÍA> Marina e María Jesús Penas representarán mañá ó Salnes no concurso ‘Recantos’ do programa da TVG ‘Luar’.
{flowplayer}images/salnes/CONCURSANTES_RECANTOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
Ante a atenta ollada de familiares e amigos, Marina e María Jesús dan os últimos retoques á súa actuación de mañá. Preséntanse ante o público cun tema sobradamente coñecido, ‘Anduriña’. Por curioso que pareza, esta é a primeira vez que estas dúas irmás se xuntan para cantar, aínda que escoitándoas ninguén o diría.
Marina e María Jesús representan á comarca do Salnés no concurso ‘Recantos’, do programa ‘Luar’ da Televisión de Galicia. Nesta primeira fase será o público o que seleccione ós participantes que pasarán ó seguinte nivel. Para iso deberán chamar a un número de teléfono que aparecerá durante a emisión da gala, mañá a partir das dez da noite.
Tamén o alcalde de Vilagarcía se quixo achegar esta mañá ó Auditorio para darlles folgos e salientar que el será un dos que estea co teléfono na man listo para chamar. Votos fundamentais para conseguir o pase á segunda fase.
Redacción Salnés








