Costas analizará as pecularidades galegas antes da reforma da lei

    VILANOVA> Agustín Hernández e o Director Xeral de Costas, Pablo Saavedra, mantiveron unha reunión xunto a autoridades locais.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaCostas_050912.flv{/flowplayer} 

    O goberno central está a tramitar nestas datas a reforma da Lei de Costas, circunstancia que dende a Xunta e o resto de administracións consideran unha boa oportunidade para solucionar algúns problemas existentes e dar cabida ás necesidades reais de Galicia nesta materia.

    A Xunta presentou unha serie de alegacións á modificación de lei, referidas fundamentalmente ó recoñecemento dos núcleos do litoral como solo urbano. Algo que solucionaría boa parte dos problemas que a lei, vixente dende 1988, xera en Galicia.

    Pola súa banda, Gonzalo Durán trasladou parte das inquedanzas e problemas que plantexa a nova reforma ó concello de Vilanova. 

    En liñas xerais, a Xunta pretende que no ámbito da nova lei o solo dos núcleos do litoral se equiparen a solo urbano e deste xeito a franxa de servidume de protección pase de 100 a 20 metros.

    Redacción Salnés