O Concello de Vilanova comeza esta semana os obradoiros de Nadal

    panxolias_100.jpgVILANOVA > O Concello de Vilanova ven de presentar as actividades culturais que prepara para este Nadal,…

    … onde os rapaces serán, como non, os protagonistas.

    Os mais pequenos e pequenas da casa poderán acudir cada tarde, nas casas da cultura de cada parroquia, a unha chea de obradoiros; como por exemplo, o de elaboración de adornos para a árbore de Nadal, postais ou figuriñas do belén con plastilina ou de xogos populares. Os cativos tamén poderán aprender a construír un poboado de elfos ou mesmo a maquillarse como estes pequenos seres. Para eles tamén se proxectarán películas de DVD de debuxos animados e relacionadas co Nadal.

    Por outra banda, os maiores tamén poderán asistir a outras actividades neste concello; a primeira delas será a homenaxe ó escritor vilanovés Julio Camba, que terá lugar á unha da mediodía na súa Casa Natal. O día 22, ás sete da tarde, a Casa da Cultura de Vilanova acollerá o tradicional concerto de Nadal da Escola Municipal de Música.O día seguinte, outra localización, a Igrexa Parroquial, será onde se poderá desfrutar do concerto da coral de Meis, que terá lugar ás oito da tarde.

    Outro dos concertos previstos, desta quenda da Banda de Música Cultural de Vilanova celebrarase o vindeiro día 25 ás sete da tarde na casa da cultura de Esteiro. Ó mesmo tempo, na casa da cultura de Baión, a asociación do Castro organiza o seu Festival de Nadal. Os actos de Nadal rematarán o día 5, ca gran cabalgata de Reis.

    Redacción Salnés.