Amancio Ortega terá unha avenida en Vilanova en agradecemento polo seu papel na crise do coronavirus

VILANOVA> Amancio Ortega, propietario de Inditex, terá unha avenida en Vilanova de Aroua. O concello dedicará ao empresario a rúa principal do polígono de Baión, para homenaxealo pola colaboración da firma para conseguir material sanitario durante a pandemia do coronavirus.

A iniciativa levarase ao vindeiro pleno, que tamén terá que dar luz verde a bautizar outras rúas do polígono como Rúas dos Sanitarios, da Garda Civil, do Exército, da Policía, dos Voluntarios e de Protección Civil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí