Remata a comisión de investigación da vía de alta capacidade do Salnés

    boasocavon_100_001.jpgSALNÉS >  A Comisión de Investigación da vía do Salnés rematou onte coa aprobación dun dictame que acusa do derrube ….

    … de varios tramos da estrada á celeridade á que se viron sometidas ás obras. O daquela Conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña, foi o responsable da decisión política pola cal se modificou o sistema de drenaxe que desencadeou no deterioro do vial, cando só pasaran 13 anos da súa inauguración.

    ERRO POLÍTICO

    A comisión concluíu que os socavóns producidos en varios tramos da infraestructura se deberon a un fallo polìtico e non técnico. O dictame aprobado polo BNG e o PSdG, e cos votos en contra do PP galego, culpa do deterioro da vía do Salnés o cambio producido no sistema de drenaxe. Os tubos de formigón armado previstos no proxecto inicial foron substituídos por uns de chapa galvanizada, menos resistentes e tamén máis baratos.

    O responsable desta decisión foi o entón conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña, quen admitiu na súa comparecencia ante a comisión haber adoptado esta medida. Cuiña, tamén admitira entón que promovera a celeridade das obras na infraestuctura. Porén o popular nega que se deberan a fins electoralistas, tal e como sinalaron onte BNG e PSOE. Segundo estas formacións, a celeridade para inaugurar ás obras do vial antes das eleccións autonómicas do 93 foi o motivo polo cal se modificou, co seu conseguinte deterioro, o sistema de drenaxe.

    Nacionalistas e socialistas tamén se preguntaron onte como sendo este sistema de drenaxe máis barato, o custe total do proxecto seguiu sendo o mesmo. Ademais os dous partidos que agora presiden a Xunta, tamén sosteñen no dictame a desaparición de documentación relevante e relativa á obra.

    AS RIADAS NON FORON A CAUSA 

    Pola súa banda, o Partido Popular saíu ó paso das acusacións argumentando que os deterioro no sistema de drenaxe foi acelerado polos incendios e as riadas que sufriu a zona uns meses antes do derrube. Unha teoría que os técnicos encargados das obras de desdobramento da vía do Salnés descartaron, xa que afirman que os danos eran anteriores ás riadas.O PP tamén acusou a existencia de neglixencias nas actuais obras de desdobramento da Vía Rápida do Salnés, e incidiu en que o dictame aprobado onte está deslixitimado. Unhas acusacións polas que o BNG cualificou de escapismo político a actitude dos populares.

    O documento aprobado onte pola comisión será debatido no pleno da Cámara a semana próxima .

    Redacción Salnés