VILANOVA> O mercado de Vilanova volve abrir tras máis de dous meses parado. O concello toma medidas para velar pola seguridade e evitar os contaxios. Os comerciantes contentos coa volta ao traballo.
Despois de dous meses parado, o mercado ambulante de Vilanova volveu a instalarse na vila. O fixo dunha maneira diferente axustándose ás medidas sanitarias e velando pola seguridade. Os comerciantes móstranse satisfeitos coa reapetura.
Para a volta o traballo o concello tomou diferentes medidas como a obrigatoriedade das máscaras e o distanciamento entre os postos. O obxectivo é reactiva-la economía local.
Os comerciantes valoraron de forma positiva estas medidas.
O cumprimento das medidas está sendo supervisado pola policía local e protección civil. As súas tarefas non só son as de controlar o bo funcionamento do mercado se non tamén axudar aos veciños. Os comerciantes piden á xente que estas medidas se cumpran en todas as comarcas e así non ter que dar un paso atrás.