Abre o banco marisqueiro de Combarro, logo de máis dun ano sen actividade

    PONTEVEDRA > Logo de mais dun ano sen rexistrar actividade, o banco marisqueiro de Combarro, concretamente a zona C- 1…

    …que comprende entre a Pinela e o Peirao do Chirino, volve a rexistrar unha xornada de marisqueo a pe. O redor de 400 marisqueiras xuntáronse esta mañá na zona, asolada o ano pasado polas inundacións.

    As marisqueiras foron a traballar hoxe, con moita expectación e tamén dúbidas baseadas na desconfianza, porque ata hoxe, as mariscadoras só viñeron a esta zona, para extraer lodo, e saben cómo se atopa realmente a praia.

    As mariscadoras, despois de moito escoller, daranse por satisfeitas se acadan os topes de captura establecidos, que son de dous kilos de ameixa fina, cinco de berberecho e sete de ameixa xapónica.

    As traballadoras coinciden en que hai pouca ameixa, pouco berberecho, e ademais, o que hai, é pequeno. Hai que rebuscar moito, co que se multiplica o traballo para chegar o tope de captura.

    A apertura do banco marisqueiro estaba solicitada para o día vintecatro, pero todo apunta a que haberá unha caída dos prezos, polo que finalmente decidiron adiantala a hoxe, co fin de aproveitar o tirón do Nadal.

    Hoxe a afluencia foi máxima, pois clasificaron Lourizán como zona C, e as mariscadoras da confraría de San Andrés, desprazáronse a Combarro. Os postos de control estarán situados na praia do Padrón para a Confraría de Raxo e na Seca para a Confraría de San Telmo.

    {flowplayer}images/salnes/mariscadoras.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés