RIANXO> Esta mañá presentábase en Rianxo a terceira edición da andaina solidaria en favor de Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia, ASANOG.
A cita, organizada pola esta entidade en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro 12 de outubro.
Haberá dous percorridos, un de catro quilómetros, de dificultade baixa, e outro de 11.
A saída está prevista dende a praza Castelao, ás dez e media da mañá.
O alcade, Julián Bustelo, fixo unha chamada a participar nesta andaina, cun marcado carácter solidario, pois todo o recadado irá a parar ós fondos da asociación que axuda a nenos con cancro.
Dende Asanog agradeceron a colaboración non só do Concello, senón tamén das diferentes empresas e comercios colaboradores da andaina, así como tamén voluntarios, que fan posible que a cita poida celebrarse.
Cabe lembrar que na última edición, superáronse os 800 participantes, logrando recadar preto de 15 mil euros. Para máis información e inscriciónS, os interesados poden visitar a web de emesports.











