Cobre San Rafael súmase ó proxecto das ecobrigadas de AMICOS

RIBEIRA> A alianza entre AMICOS e a empresa Cobre San Rafael permitirá seguir poñendo en valor os espazos naturais a través das ecobrigadas. 35 persoas con discapacidade integran estes equipos de conservación medioambiental.

35 persoas integran as ecobrigadas de AMICOS que traballan en espazos de gran valor medioambiental para a súa conservación. Este proxecto que mestura economía social e ambiental, vén de sumar un novo patrocinador coa incorporación de Cobre San Rafael.

Esta mañá presentaban o acordo no marco incomparable do miradoiro da Pedra da Rá xunto con representantes do concello de Ribeira.

Dende AMICOS resaltaron o importante labor que levan a cabo os brigadistas, máis agora en época de risco de incendios, contribuíndo a manter o monte limpo e coidado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí