![]()
BARBANZA > AMBAR desenvolveu unha xornada de sensibilización sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
A pesar de que o reparto de material divulgativo se realizou nos diversos concellos da comarca, o acto central tivo lugar na Pobra, ás portas do centro social da localidade. Un grupo de mozos pertencentes a AMBAR procedeu á lectura do texto aprobado na convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade aprobada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas a finais do pasado ano.
O obxectivo desta declaración é promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade dos dereitos humanos e liberdades fundamentais por tódalas persoas con discapacidade, promovendo ademais o respecto da súa dignidade inherente, a través dos seus principios xerais.
O texto recolle tamén apartados específicos dedicados ás mulleres e ós nenos con discapacidade, así como as necesidades de accesibilidade ás instalacións e servizos públicos e o dereito a vivir de forma independente e acceder a un emprego.
O obxectivo último desta declaración é conquerir a plena igualdade de dereitos entre tódalas persoas, independentemente das discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais que poidan presentar. Para elo, é preciso eliminar diversas barreiras que impiden a súa participación total na sociedade.
{flowplayer}barbanza/igualdadedereitos.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza










