Segue o retraso nas eleccións das confrarías da Illa e de Vilanova de Arousa

    Os procesos electorais abertos nas confrarías de Vilanova e da Illa de Arousa están arestora en mans da Consellería de Pesca. No caso vilanovés, os técnicos do departamento autonómico están a depurar os censos para garantir a participación dos socios. En canto á Illa de Arousa, o calendario proposto pola confraría aínda non foi aprobado por Pesca.

    A Consellería de Pesca está a revisar os censos da Confraría de Pescadores de Vilanova para garantizar o bo desenvolvemento do seu proceso electoral. Así o sinalou hoxe a conselleira Carmen Gallego, durante a súa visita á comarca do Salnés. A responsable autonómica non adiantou datas pero sinalou que os servizos técnicos da Consellería están facendo a depuración dos censos.

    Outro proceso electoral que está en mans da Consellería de Pesca é o da Confraría da Illa de Arousa. Trala dimisión do patrón maior, Didier Dios, arestora o pósito está en mans dunha xunta xestora presidida por Luísa Castro. A confraría illeña xa remitira un calendario electoral á Xunta que aínda non foi aprobado.

    A conselleira de Pesca lembrou a proposta plantexada ante o Parlamento galego e o sector para modificar o decreto que regula as normas electorais das confrarías. Agora está en mans do sector, e en canto haxa resposta se trasladará ó DOG para que entre en vigor canto antes. A modificación acurtará o proceso electoral.

    Redacción Salnés