Uns trinta comercios tomarán parte na campaña ‘Bye Bye Rebaixas’ de Noia Histórica

NOIA> Noia Histórica presenta a campaña ‘Bye Bye Rebaixas’. A iniciativa comercial, organizada por primeira vez, vén a substituír á Feira do Comercio que se organizaba tradicionalmente por estas datas. Desenvolverase do venres ó domingo e nela participarán preto dunha trintena de establecementos comerciais.

As restricións a consecuencia da crise sanitaria da covid obrigaron á patronal noiesa a non seguir celebrando a tradicional Feira do Comercio, unha iniciativa comercial que tradicionalmente tiña lugar por estas datas, como remate ás rebaixas, e que se desenvolvía no pavillón municipal. No seu lugar decidiron organizar a campaña ‘Bye Bye Rebaixas’.

Na campaña tomarán parte preto de trinta comercios que representan a diferentes sectores. Nos seus establecementos ofrecerán ós clientes descontos especiais, en moitos casos por riba do 50%.

A campaña iniciarase xa mañá venres e terá continuidade tamén o sábado durante todo o día e o domingo pola mañá.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí