A ‘Ruta do Cabaleiro das Cunchas’ volve incluír Cabo de Cruz no seu itinerario

    BOIRO> 25 embarcacións pertencentes á sétima “Ruta do Cabaleiro das Cunchas” pasaron a noite no Náutico de Cabo de Cruz, en Boiro. Foi a súa última parada antes de chegar hoxe a Santiago de Compostela, e poñer fin a esta lendaria peregrinación marítima, que este ano partiu de Portugal. Conta a antiga Lenda do Cabaleiro das Cunchas, que Bouzas, en Vigo, foi o primeiro porto galego en ter contacto cos restos do Apóstolo Santiago antes de chegar a Compostela. É a historia da orixe a esta Ruta Marítima Xacobea. Unha peregrinación en barco organizada pola Confraría do Cristo dos Aflixidos de Bouzas A ruta, que comezou o día 30 de xullo e vai xa pola súa sétima edición, recalou este ano, e por terceira vez, no porto de Cabo de Cruz, en Boiro. Aquí, foron recibidos na tarde de onte polo alcalde. Trala visita á Catedral e a misa na honra ao Cabaleiro das Cunchas, os navegantes comezarán o regreso á vila de Bouzas, pasando por Muros. Iso sí, antes puideron desfruta dunha xornada de lecer e descanso en Boiro. A sensación dos peregrinos, defínise, con catro palabras. Estes 100 peregrinos marítimos recibirán o próximo 6 de agosto na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, esa Compostela que acredita a consecución da súa lendaria travesía. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/02/recepcion_regata_cabaleiro_das_cunchas_boiro020820161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/02/recepcion_regata_cabaleiro_das_cunchas_boiro02082016.mp4{/flowplayer}