VASCULARES SANXENXO> Sanxenxo e a Sociedade Galega de Hipertensión van da man para impulsar un programa de educación sanitaria para a poboación. Trátase dunha actividade que se que se vai celebrar os días 26 e 27 deste mes. Enmárcase no 31 Congreso da Sociedade Galega de Hipertensión e no 22 Congreso Sociedade Galega de Risco Vascular.
Na súa presentación destacaron a importancia dos índices cardiovasculares para a nosa saúde, facendo chegar este tipo de coidados á veciñanza, a través dun programa que cualificaron de pioneiro.
A Sala Nauta acollerá o venres 26 acollerá a Conferencia sobre Estilo de Vida Cardiosaludable e un taller práctico para o desenvolvemento de hábitos saudables. Ao día seguinte, coincidindo co Día da Hipertensión e Risco Vascular, ofrecerase á poboación unha revisión gratuíta na que se medirá a presión arterial, perímetro abdominal, peso e determinacións de glucosa e colesterol. Cada persoa recibirá un informe cos resultados recomendacións médicas.











