Unha praga de térmites obrigará ó peche temporal do museo Valle-Inclán

    termitesvalleinclan_100_18122007.jpgPOBRA > A empresa COSAPLAG iniciou os traballos de desinsectación no museo Valle-Inclán, para acabar coa praga de térmites que afecta ó inmoble.

    É un proceso longo, custoso e complicado o que ten por diante a Torre de Bermúdez para frear a acción das térmites nas dependecias museísticas e evitar que afecten á colección de fondos. Nel conta coa inestimable axuda da Dirección Xeral de Turismo que concedeu unha subvención de doce mil euros para acometer o proxecto de desinfección e prevención que se iniciou esta mesma semana.

    Na primeira fase que se está a levar a cabo, os traballadores da empresa COSAPLAG están a taladrar o perímetro do edificio para a inxección dun veneno específico contra estes insectos efectivo durante un prazo de tres anos.

    Tratamento preventivo

    Unha vez rematada, quedan por diante dúas novs fases: a desinfección con gas que obrigará ó peche e precintado do museo entre sete e dez días e un tratamento preventivo mediante a colocación de cebos de parede.

    Debido a esta desafortunada incidencia, o ritmo de traballo estes días no museo é frenético xa que os traballadores están a embalar tódolos fondos para evitar que resulten afectados polo fosfuro de alumnio.

    Así, a praga de térmites obrigou igualmente a paralizar os traballos de colocación de fiestras iniciados tralas riadas do pasado ano que obrigaron a rehabilitar boa parte do edificio.

    {flowplayer}barbanza/termitesvalleinclan.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza