O centro de formación está pendente de melloras para a súa homologación

    viveiroempresasboiro.jpgBOIRO> O edificio presenta na actualidade importantes deficiencias no seu interior, como é o caso da falla de calefacción ou unha defectuosa instalación eléctrica.

    {flowplayer}barbanza/viveiroempresasboiro.flv{/flowplayer}

    O rexedor boirés solicitoulle onte á conselleira de Traballo, durante a visita que esta realizou onte á localidade, apoio económico para poñer en funcionamento o centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono de Espiñeira. As instalacións foron inauguradas a bombo e platillo polo anterior goberno bipartito, BNG e PSOE, pouco antes das eleccións municipais, en marzo de 2011. Daquela presentaban este centro de formación, viveiro de empresas e escola de hostalería, sufragado con cartos procedentes dos fondos locais do Goberno de España con máis de 1’3 millóns de euros, como un lugar no que ampliar a oferta educativa do municipio e tamén da comarca coa incorporación de novas disciplinas que ata o de agora non se podían ofrecer. Por este proxecto o concello recibiu ademais o premio Cidade da Ciencia e a Innovación do Ministerio de Industria, por unhas instalacións que conxugaban a aprendizaxe e o apoio á creación de novas empresas. Vai alá case un ano e o edificio segue a día de hoxe pechado, con importantes deficiencias no seu interior como é a falla de calefacción, teléfono ou unha defectuosa instalación eléctrica.

    erto O executivo boirés ten xa un proxecto no que se recollen as actuacións a realizar para poder conseguir finalmente a homologación do centro.

    Redacción Barbanza