O alcalde inaugurou a sétima edición de Ponte Nadal na Praza do Teucro

    pontenadal100_201207_001.jpgPONTEVEDRA > Hoxe A zona monumental de Pontevedra, é artesá. Esta mañá inaugurouse a sétima edición de Ponte Nadal

    …a feira de artesanía que a cidade celebra cada ano por estas datas,na Praza do Teucro. Á apertura asistiron o Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a Tenente de alcalde, Teresa Casal, o Presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Ernesto Filgueira, amais do voceiro do Grupo Popular e o presidente da Cámara de Comercio.

    Ponte Nadal é unha cita anual na cidade do Lérez. É unha escusa para pasear pola zona monumental, curiosear ou facer algunha compra. Unha feira xa consolidada, segundo os seus organizadores.

    O alcalde asegura que é un atractivo máis que ofrece Pontevedra, e que cada ano da resultados positivos. Pero a carpa da Praza do Teucro é tan só unha posibilidade máis onde facer as compras do Nadal.

    Dende a Asociación de comerciantes, pretenden convertela nunha extensión doutras compras, que pódense realizar polas rúas da cidade. O Presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, pensa que Ponte Nadal ofrece aos clientes alternativas as súas compras, pero que tamén son complementarios.

    Aproveitando a presenza na inauguración de Ponte Nadal, do Alcalde de Pontevedra, quixemos saber cómo van as negociacións dos orzamentos para o ano que ven, pero parece ser que, acabando o ano, aínda non hai tales negociacións, senón “elaboracións”. Lores dixo que estaban elaborando os plans de investimentos que, asegurou, serán propicios para a cidade e cubrirán tódalas súas necesidades, como os outros anos.

    Orzamentos a un lado, lembren que Ponte Nadal, estará aberto ata o día dos Reis Magos.

    Redacción Salnés