Os rapaces de A Illa cambian xoguetes por libros

    danlibro100__001_copia.jpgA ILLA > Os alumnos de infantil e primaria do colexio A Torre da Illa, participaron esta mañá nunha actividade …

    … de lectura solidaria. A cambio dun xoguete ou dunha peza de roupa súa, e en bo estado, o concello entregoulles un libro. O intercambio, non desgustou ós rapaces, que colaboran deste xeito a repartir ilusión entre os nenos máis desfavorecidos da nosa comunidade, que recibirán os agasallos. Dende o concello, o alcalde, Manuel Vázquez, indicou que con campañas coma a de hoxe perseguen un dobre obxectivo. Por un lado fomentar a solidariedade entre os máis cativos, e por outro incentivar tamén o seu hábito de lectura.

    danlibrofondo_200_001.jpgPola súa banda, o director do colexio, Alfonso Salgado, asegurou que tódolos alumnos, de entre 3 e 11 anos, están encantados con este tipo de actividades. Diferentes títulos clásicos e actuais da literatura infantil e xuvenil, foron repartidos entre os alumnos do colexio. Mentres os agasallos e as pezas de roupa que os rapaces intercambiaron hoxe serán repartidos entre os nenos e as nenas con menos recursos de toda Galicia. Disto encargarase a Fundación Amigos de Galicia, que tamén colaborou esta mañá coa actividade. Ademais Hoxe tamén se lles entregou ós rapaces un folio no que poderán escribir unha redacción sobre o que é para eles unha persoa solidaria. No día da Paz, a finais de xaneiro, o texto gañador recibirá un premio. Mañá será a quenda dos alumnos dos alumnos do IES de A Illa.

    {flowplayer}images/salnes/libros.flv{/flowplayer} 

    Redacción Salnés