A Deputación da Coruña destina 74 millóns ó seu novo plan de apoio ó concellos

    A CORUÑA> Axudar a sanear as economías municipais ou favorecer o mantemento do emprego local son algúns dos obxectivos do novo plan que impulsa a Deputación da Coruña para apoiar ós concellos. POS+2017, así se chama o programa, está dotado con 74 millóns de euros.   

     

     

    O Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña supón o maior orzamento contemplado nun plan provincial na historia da institución. Os 74 millóns de euros van destinados ós 93 concellos coruñeses, e incorpora importantes novidades respecto dos anteriores. O presidente da Deputación, González Formoso, destacou que os obxectivos principais son axudar a sanear as economías municipais, reforzar a autonomía dos concellos e manter o emprego a nivel local. A vicepresidenta da Deputación, subliñou a condición de “histórico” do plan que supón un cambio total respecto do actual, e que simplifica a tramitación administrativas dos municipios. . Pola súa banda, o Deputado responsable de Plans Provinciais, fixo especial fincapé na mellora das fórmulas de financiamento dos consistorios que achega este novo plan. O plan contempla que en lugar de tramitar tres plans e 11 liñas de subvencións diferentes se unifique todo nunha única convocatoria anual. A incorporación das liñas de subvencións ó Plan Único suporá ademáis que se deixen de tramitar 1.000 expedientes cada ano dende os concellos coruñeses, co consecuente aforro de custes e tempo.