A Taberna do Trasno de Cambados prepará 100 ceas solidarias a noite de Nadal para os máis necesitados

CAMBADOS> A Taberna do Trasno de Cambados cociñará preto de 100 ceas de nadal para as familias máis necesitadas. Os alimentos foron doados por diferentes empresas da vila. Parte desas ceas tamén irán destinadas aos residentes do asilo da vila.

Nestas datas tan sinaladas, non toda a veciñanza ten a sorte de poder gozar dunha boa cea de nadal. Pensando nos máis necesitados, dende o restaurante o Trasno de Cambados cociñarán preto de 100 menús para axudar a aquelas familias da vila con dificultades económicas.

A iniciativa conta coa colaboración de numerosas empresas da vila, que cederon os seus produtos, e do concello de Cambados. Para o goberno local é unha iniciativa necesaria para axudar á veciñanza de Cambados.

O menú está preparado para todas as idades e composto por tres pratos e unha sobremesa, todo acompañado dun albariño rías baixas.

Cabe lembrar, que moitos hostaleiros de Cambados levan meses pechados. Pero iso non é un impedimento para continuar axudando aos que máis o necesitan.

Dende o restaurante xa comezaron no día de hoxe a elaborar á comida. Ao estar destinada a tantos comensais, o establecemento necesitará preto de dous días de cociña para que todo estea listo a tempo. Ademais das familias do banco de alimentos, preto de 25 menús irán destinados ao asilo de anciáns, para colaborar cun dos sectores que máis está a sufrir esta pandemia.