Aparece o cadáver dun octoxenario en augas do porto de Ribeira

    afogadoribeira_100_19122007.jpgRIBEIRA > O cadáver dun veciño de Ribeira, José Lueiro de 80 anos, apareceu flotando na noite do luns nas inmediacións do porto.

    A vítima é José Lueiro Lata, un veciño da localidade que adoitaba pasear pola zona portuaria. Polo momento, descoñécense as causas do suceso aínda que as principais hipóteses apuntan a unha caída accidental ou un desvanecemento.

    Foron uns mariñeiros que se atopaban traballando na zona portuaria os que deron a voz de alarma ó divisar o cadáver flotando na auga pasadas as doce da noite. Inmediatamente personáronse no lugar dos feitos efectivos da policía local e nacional e mesmo un equipo de Salvamento Marítimo que procedeu á recuperación do corpo sen vida, tarefa que resultou complicada debido ó mal tempo desta noite.

    Haberá que agardar a coñecer o resultado da autopsia, que se lle practicou ó cadáver no Anatómico Forense de Santiago, para coñecer as circunstancias en que se produciu a morte. Polo momento, todos son especulacións.

    José Lueiro adoitaba pasear polo porto de Ribeira tódalas tardes. Ante a súa tardanza a familia denunciou a súa deparición, unha hora antes de que se coñecera o tráxico desenlace.

    {flowplayer}barbanza/afogadoribeira.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza