Caixanova asina un convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios

    caixanova_aje100_271207_001.jpgPONTEVEDRA > La Asociación de Jóvenes empresarios, AJE, e Caixanova firmaron esta mañá un convenio de colaboración para facilitar a labor…

    …da Asociación en formación dos asociados e en importantes vantaxes financeiras. Crediventa, a tarxeta Comercio, a Banca por Internet ou o Premio anual Xoven Empresario son algunhas das opcións que Caixanova ofrece aos asociados da AJE.

    Caixanova aposta firmemente dende hai tempo, pola Asociación de Jóvenes Empresarios. A formación dos asociados é a parte fundamental deste convenio, pero tamén hai certas condicións especiais á hora de financiar compras ou ventas.

    Outras vantaxes financeiras son as que ofrece a tarxeta Comercio de Caixanova, para efectuar os pagos ata en doce meses. O premio anual ao xoven empresario ou o ambicioso plan de formación para empresarios, que terá, segundo Soage, o seu apoxeo no 2008.

    Por parte da AJE, a sinatura deste convenio un ano mais, confirma a estreita colaboración entre ámbalas dúas organizacións. O presidente da AJE mostrou a súa satisfacción polos resultados acadados nestes anos de forte aposta por parte de Caixanova na asociación, e agarda seguir logrando as metas propostas neste novo convenio.

    Estes cursos de formación serán de fácil realización para os asociados, pois contarán cun horario flexíbel para que os asistentes ao curso, poidan compaxinar súa actividade profesional cas clases.

    Redacción Salnés