O executivo noiés triplicará o presuposto das axudas escolares

    NOIA> As familias interesadas disporán dun mes para presentar as súas solicitudes no propio rexistro do concello. A edil de Educación, Mary Domínguez, informou da apertura do prazo para a solicitude de axudas destinadas a aliviar os gastos do inicio do vindeiro curso escolar, concretamente para adquisición de libros de texto e material, e tamén para o financiamento do servizo de comedor. Segundo ela, como medida extraordinaria, debido á actual situación de crise pola que atravesan moitas familias do municipio decidiu incrementarse considerablemente o presuposto destinado a este fin, chegando mesmo a triplicar a contía do ano anterior, un total de 38.500 euros. as solicitudes xa están no rexistro municipal. aquelas familias interesadas disporán dun prazo dun mes para presentalas a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí