Rematan as actividades do Proxecto Mercurio da Cámara de Comercio, dirixidas ao pequeno comercio

    cmara_vilagarca100_271207_001.jpgVILAGARCÍA > A Cámara de Comercio de Vilagarcía pecha hoxe o seu proxecto Mercurio, cun alto índice de satisfacción polos resultados acadados

    O proxecto consistiu en levar a cabo Foros y cursos de formación destinados ao pequeno comerciante. Ao acto de peche asistiron o presidente da Cámara, Carlos Oubiña e os presidentes das asociacións de comerciantes de Vilagarcía, Cambados, e O Grove

    O proxecto Mercurio, levado a cabo pola Cámara de Comercio dende 2005 e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, finaliza hoxe as súas actividades cun excelente resultado, segundo presidente da Cámara Carlos Oubiña.

    A formación ofrecida aos comerciantes tiña a particularidade de ser impartida nos seus propios establecimentos. Fixéronse 3 cursos de informática en Sanxenxo, outros 3 en Vilagarcía e 3 mais en Forcarei, ademais dos foros en Caldas, Cambados, ou a Estrada.

    Tamén presentaron hoxe unha guía de xestión de residuos para o comercio minorista que repartirán nos establecementos asociados. Mañá, a Cámara inaugura un centro virtual de formación, para que os comerciantes non teñan que ter presenza física nos cursos.

    O centro estará orientado ao deseño de tendas informatizadas con escaparate táctil entre outras novidades. Segundo presidente da Cámara, introducir este tipo de tenda será custoso e lento, pero é o futuro do pequeno comercio.

    Redacción Salnés