Detidas dúas persoas polo roubo no Centro Sociocultural de Taragoña

RIANXO> A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun roubo no Centro Sociocultural de Taragoña.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado os prendidos roubaron todo tipo de obxectos que se atopaban no interior do inmoble, dende artigos persoais a bebidas pasando tamén por unha pequena cantidade de diñeiro, moitos dos cales xa puideron ser recuperados.

Ó parecer accederon ó local despois de abrir un gran buraco nunha das oficinas do edificio.

Cabe lembrar que o centro sociocumunitario é empregado na actualidade por diferentes entidades sociais, culturais e deportivas da parroquia para a realización das súas actividades, unha vez disolvido o Centro Cultural e Deportivo, antigo propietario do inmoble, que pasou a mans do Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí