LOUSAME> A actuación, cun orzamento de máis de 113 mil euros, dará servizo a uns sesenta veciños destas dúas aldeas.
A alcaldesa, Teresa Villaverde, anunciou o inicio inmediato dunha importante obra de saneamento que virá a dar servizo ós núcleos de Seixido e Filgueira. A actuación, cun custe duns 113 mil euros, executarase en varias fases. Nesta primeira colocarase o colector principal coas conexións ás vivendas na marxe da DP-4201 e a depuradora.
Segundo explicou a propia rexedora esta actuación, que beneficiará directamente a uns sesenta veciños, xa debería estar realizada. O Concello veuse na obriga de retrasar o seu comezo pola tardanza da autorización por parte da Deputación da Coruña, titular da estrada pola que discorrerán parte das actuacións.