![]()
SANXENXO > Representantes de asociacións veciñais, mulleres rurais e da escola de adultos de Portonovo manifestáronse á ultima hora de onte …
… para reivindicar as deficiencias que sofre o único local cultural da vila dende fai anos e que a pesar das reiteradas peticións ó concello de Sanxenxo para a súa mellora , nunca obteñen resultados. A pesares de que o goberno prometeu dotar de máis servizos de acondicionamento, os veciños xa non creen nas promesas segundo eles incumpridas.
Os veciños de Portonovo están fartos da precaria situación que están a padecer no edificio de usos múltiples de Portonovo. Segundo os afectados o local carece de calefacción, sofre humidades e os cortes de luz son constantes. Por iso case 70 persoas reuníronse onte diante do centro para denunciar a través da lectura dun manifesto unha situación inadmisible. A voceira dos veciños quixo deixar claro cales son algunhas das precariedades do edificio, e denuncia a imposibilidade dos alumnos dos moitos cursos que se realizan e que non lles permite levar ó cabo polas malas condicións nas que se atopa o local social.
A presidenta dos veciños tamén manifestou o seu pesar polos veciños que afirman sentirse abandonados polo concello e pola alcaldesa, Catalina González, xa que en reiteradas ocasións lle pediron unha rehabilitación e acondicionamento do lugar así como un centro cultural que lles permita levar ó cabo as súas actividades nunhas condicións adecuadas.
Redacción Salnés










