O BNG reclama melloras na seguridade viaria na Graña

    RIBEIRA> Os nacionalistas pídenlle ó equipo de goberno a construción de beirarrúas, debido á perigosidade da zona. Recollendo as propias demandas dos veciños da Graña, na parroquia de Carreira, o BNG solicítalle ó equipo de goberno a construcción de beirarrúas na estrada que comunica con Couso e Aguiño. O dito vial soporta unha elevada densidade de tráfico, especialmente camións, que se dirixen ó polígono industrial alí existente, que en ocasións poñen en serio risco a seguridade dos veciños. Dase a circunstancia ademais que a estrada presenta un trazado sinuoso, con continuas curvas e cambios de rasante. Os nacionalistas tamén levarán o pleno do luns unha pregunta sobre a obra do centro social de carreira, realizada polos alumnos dos obradoiros de emprego Vionta e Tahúme, cuxos traballos atópanse aínda a medio realizar. Por esta razón pregúntanlle o equipo de goberno que plans que ten para continuar coa dita obra tan demandada pola veciñanza e cando está previsto que se retome a súa construcción.