Dani García reelixido coma presidente da ABE

BOIRO> Daniel García renovará dous anos máis coma presidente da Asociación Boirense de Empresarios. A súa foi a única candidatura presentada, polo que na noite de onte foi ratificado pola Asemblea Xeral de socios da entidade. García apostará pola continuidade, polo que repetirá co mesmo equipo directivo da anterior lexislatura. Coma vicepresidente seguirá Francisco Javier Caamaño; de secretario Santiago Cajaraville; de tesoureiro Jesús Manuel Santamaría e de vogais Cristian Lago, Luís Miranda e Óscar España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí