Centos vilagarcíáns adiántanse á entrada do ano novo

    VILAGARCÍA > Como ven sendo costume dende hai uns anos, o grupo de goberno local convidou ós veciños a tomar as tradicionais doce uvas da boa sorte.

    Esta mañá, ás 12 do medio día, o concello de Vilagarcía anticipouse á celebración do aninovo.

     Como ven sendo costume dende hai uns anos, o grupo de goberno local convidou ós veciños a tomar as tradicionais doce uvas da boa sorte. Nesta ocasión a praza da Ravella foi o lugar onde se congregaron centos de persoas para recibir de xeito anticipado o 2008.

    villacomen200__001.jpgA falta de 12 horas para que comece o 2008, o concello de Vilagarcía anticipouse esta mañá á celebración da chegada do aninovo. A praza da Ravella, foi o escenario escollido este ano pola consellería de Xuventude para a festa. Ata o de agora sempre se celebraba na praza de Galicia, e aínda que algúns se mostraron disconformes xa que prefirían a anterior localización, este ano as persoas congregadas nos xardíns da casa consistorial foron moitas .

    O reloxo da casa consistorial, con máis de 120 anos de antigüiedade, foi o encargado de marcar a entrada do novo ano. A campá pequena do reloxo foi a encargada de dar os cuartos e a grande as doce baladas. Ademais, do directo da orquestra BiG Band foi o maestro de cerimonias. Logo da actuación da banda, continuou a animación por parte do grupo teatral Troula, que xa antes percorrera algunhas rúas de Vilagarcía.

    Ademais, mil cotillóns, cincocentas botellas de cava, bebidas sen alcohol para os máis pequenos, música, doces de Nadal e as uvas da sorte completaron a festa. Unha novidade deste ano, foi a colocación de tres taboleiros nos que os asistentes á celebración escribiron os seus desexos para o 2008.

    Di a tradición que por cada uva hai que pedir un desexo para o ano que entra, e os vilagarciáns non quixeron perder a oportunidade de ver duplicadas as súas posibilidades, xa que a noite tocará outra vez repetir coas uvas.