CAMBADOS> O concello de Cambados reforma a súa biblioteca municipal. As obras xa están en marcha e contan cun investimento de preto de 50 mil euros. O prazo de execución é de tres meses.
O concello de Cambados comezou as obras de reforma da súa biblioteca municipal. Os traballos están enfocados na renovación da cuberta e eliminar os pequenos defectos que se atopan no interior do establecemento.
A obra está financiada polo plan concellos da deputación de Pontevedra cun orzamento de 54 mil euros. A adxudicación pechouse en 46 mil e a diferenza será investida en máis reformas dentro do edificio.
As reformas non impiden o funcionamento da biblioteca.
O prazo de execución da obra é de tres meses, pero dende o concello agardan que poida rematarse antes.