Os celadores do Hospital do Salnés reclaman melloras e un aumento de persoal

VILAGARCÍA> Nova mobilización dos traballadores da sanidade. Desta volta, o colectivo que saíu á rúa foi o de celadores do Hospital do Salnés. Este mediodía, concentrábase ás portas do centro para reclamar mellores condicións e máis persoal. Foi a primeira mobilización dun calendario co que seguirán esixindo melloras.

Os celadores do Hospital do Salnés tamén protestan contra as súas condicións laborais. Hoxe o colectivo concentrouse ás portas do centro comarcal.

No seu manifesto cualifican como dantesca a situación que están a atravesar. Ademais de asumir tarefas que non lles son propias, teñen que atender as necesidades de diferentes servizos e plantas.

Aseguran que estas condicións non se dan en ningunha outra área sanitaria. Por iso reclaman máis persoal para o cadro de celadores.