Unha explosión de gas deixa dous feridos nunha vivenda do Freixo

explosiongas_100_020108.jpgOUTES > Os veciños do lugar do Freixo, en Outes, espertaron esta mañá alertados por unha forte explosión de gas acontecida nunha vivenda da zona.

O suceso saldouse con dúas persoas feridas de diferente consideración e cuantiosos danos materiais, posto que a casa quedou practicamente destrozada, trala espectacular explosión de gas rexistrada a primeira hora desta mañá.

explosiongas_300_030108.jpgO accidente acontecía pasadas as oito da mañá. O propietario da vivenda, Pedro Poncelos, levantouse ó percibir un forte olor a gas. Foi espertar ó seu fillo, quen encendeu a luz, provocando así o estoupido da bombona de butano.

No momento da deflagración atopábanse no interior da vivenda tres persoas: unha muller, que non resultou afectada posto que se atopaba na planta superior, o seu home que, a pesar de quedar atrapado baixo os escombros só sufriu feridas leves, e o seu fillo que tivo que ser trasladado de urxencia ó Hospital Clínico de Santiago, ante a gravidade das lesións que presentaba.

Os danos materiais foron cuantiosos posto que o primeiro andar da casa quedou practicamente destrozado. A explosión foi tan forte que numerosos veciños acudiron alertados para comprobar que pasaba e, eles mesmo, axudaron nas tarefas para liberar ós feridos dos escombros.explosiongas_200_030108.jpg

{flowplayer}barbanza/explosiongas.flv{/flowplayer}

Redacción Barbanza