Menús variados e baile para desfrutar a última noite do ano

    findeano_100_311207.jpgBARBANZA > Cada vez máis son as persoas que optan por celebrar fóra das súas casas a tradicional cea de fin de ano.

    Por esta razón un bo número de restaurantes e establecementos hostaleiros preparan para esta noite, a última do ano, menús que poden variar entre os 50 e os 100 euros, dependendo das súas características.

    Un dos exemplos na comarca do Barbanza de establecementos hostaleiros que organizan a festa de fin de ano é o Restaurante La Cascada, ubicado en pleno Cámping Ría de Arosa 2, na parroquia ribeiresa de Oleiros. Este ano ofrece ós seus clientes un menú do máis variado no que se incluirá ademais da cea unha gran festa con baile en directo a cargo do grupo Charada.

    Ademais neste restaurante ofréceselle ós seus clientes a posibilidade dun servizo de transporte, para evitar así que se teña que colle-lo coche.

    {flowplayer}barbanza/findeano.flv{/flowplayer} 

    Redacción Barbanza