![]()
VILAGARCÍA > Unha trintena de traballadores do Concello protestaron diante da casa consistorial pola catalogación dos postos de traballo.
Culpan ó goberno local de alonga-lo proceso e de presentar no último momento un catálogo inasumible para os traballadores e esixen que se retomen canto antes as negociacións. Así esixían esta tarde os traballadores de Vilagarcía que se retomaran as negociacións para remata-la catalogación de postos de traballo.
Os sindicatos rexeitaron a catalogación porque, ademais de baixar algúns salarios, non entendían en que se baseaba o sistema de puntos e as compensacións dos puntos dependendo das categorías.
Apoiando as súas reivindicacións estiveron os voceiros municipais do BNG, PP e Esquerda Unida, que asinaron un documento no que se comprometían a instar ó grupo de goberno a acadar un acordo en canto ás demandas económicas dos traballadores e a rexeitar calquera proposta de orzamento na que non se contemple ese acordo asinado pola maioría.
Trala pitada diante do concello, os traballadores entraron no pleno no que se ía debater o tema das televisións dixitais baixo o berro máis negociación e menos televisión. Xa dentro, o alcalde convidounos a retira-las pancartas, polo que decidiron abandoa-la sesión na que os edís Castro Ratón e Juan Fajardo intercederon polos traballadores que permaneceron fora durante o debate.
Redacción Salnés








