Moreda inaugura en Boiro o campo de herba artificial de Vista Alegre

    inauguracionvistaalegre_100_311207.jpgBOIRO > O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inaugurou en Boiro o novo campo de herba artificial de Vista Alegre.

    Ó acto inaugura asistiron ademais o alcalde de Boiro, Xosé Deira, diversos membros da corporación municipal e a deputada provincial, Rosana Pérez. Como convidados de excepción, os pequenos futbolistas dos equipos do municipio que desputaron varios encontros para dar por inaugurado oficialmente o novo terreo de xogo.

    Ademais da substitución do campo por herba sintética, procedeuse á instalación de rego de longo alcance e a dotación dun sistema de drenaxe, así como diverso equipamento deportivo. Todo elo supuxo unha inversión de 480 mil euros, financiado o

    O de Vista Alegre vense sumar ós 45 novos campo de herba artificial promovidos pola Deputación en toda a provincia da Coruña. Un paso máis no seu programa de promoción do deporte, a través da mellora das infraestruturas, o impulso do deporte base e as subvencións a deportistas profesionais. O titular provincial destacou a importancia do deporte polo que ten de saudable como de formativo.

    Futuros proxectos

    Nada máis estrear o novo campo, o executivo local xa ten as miras postas noutras instalacións deportivas que precisan dunha serie de melloras. O obxectivo, a medio prazo, e dotar de herba sintética os campos de Abanqueiro e Cabo de Cruz para garantir unhas condicións axeitadas ós numerosos equipos que adestran nestas instalacións.

    De seguro que, neste proxecto, o concello boirés conta co apoio do ente provincial que xa abriu unha nova convocatoria para os proxectos que quedaron fóra nesta primeira fase para a dotación de herba artificial ós campos de fútbol da provincia.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionvistaalegre.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza