Renacer desenvolverá unha xornada de prevención sobre o consumo de pornografía entre os mozos

RIBEIRA> A asociación Renacer celebra en Ribeira unha xornada de prevención sobre o consumo de pornografía na infancia e na adolescencia. Desenvolverase o venres día 15 no auditorio vello e contará coa presenza do profesor da Universidade das Illas Baleares, Lluís Ballester.

O inicio cada vez máis temperá no consumo da pornografía, con acceso a páxinas de sexo explícito e violencia, está a provocar que a mocidade adopte estas condutas como modelo de referencia no eido afectivo sexual.

Por esta razón, a asociación Renacer desenvolverá o venres día 15 unha xornada de sensibilizacións dirixida a familias, educadores e tamén os propios mozos. Estará impartida polo experto Lluís Ballester, profesor da Universidade das Illas Baleares.