A confraría da Pobra dispón dunha batea experimental para o preengorde de semente

A POBRA> A confraría de Pobra desenvolverá un curso sobre o cultivo de semente en batea. A colaboración entre concello da Pobra e a Consellería do Mar permitiu a cesión dun artefacto específico para o engorde da cría de ameixa que xa funciona, con éxito, noutras confrarías galegas.

Contribuír á formación dos socios da confraría e tamén á rexeneración dos bancos marisqueiros da Pobra. Con estes dous obxectivos ponse en marcha o curso de Técnicas de cultivo de semente en batea que impartirá o pósito pobrense en colaboración coa concellería de Desenvolvemento Local da Pobra.

O curso, que consta de 45 prazas, dará comezo o 23 de maio e estenderase ata o mes de setembro. Impartirase nesta batea experimental destinada ó pre-engorde da semente pola que pasarán un millón de crías de ameixa.

Esta experiencia permitirá preengordar as unidades de semente, actualmente entre 4 e 7 mm, ata un tamaño de 12 ou 14, co que xa serán para a sementeira dos areais. Ademais deste curso, a confraría xa recibiu a solicitude doutras entidades e centros d einvestigación interesados en levar a cabo experiencias na batea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí