‘Os Bolechas e o Sabichón’ visitarán Lousame

    LOUSAME> A casa da cultura de Lousame acolle este domingo a obra. Está dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 8 anos. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

    O próximo domingo 14 de setembro, ás 19 horas, dará comezo a obra “Os Bolechas e o Sabichón” na casa da cultura de Lousame. Esta actividade, enmarcada no programa de dinamización lingüística FalaRedes, promove a interacción dos rapaces a través dun concurso que organizarán os monicreques Braulio e Loli. Un dos obxectivos principais é promover e potenciar o uso da lingua galega e conta cunha destacada parte didáctica.O Concello de Lousame será un dos 57 Concellos que recibirá a visita dos personaxes creados por Pepe Carreiro, unha iniciativa que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.